Máis de 300 actividades para o verán pontevedrés

PONTEVEDRA> Durante o verán a festa non para en Pontevedra. Entre o Surfing The Lérez e a Feira Franca, o concello enche os meses estivais de actividades para todos os públicos. Unha vez máis, a semana grande será a da Peregrina, que no mes de agosto traerá ata a capital os concertos de Fangoria, Morat, Mago de Oz e Juan Magan, entre outros. O verán en Pontevedra ten a súa semana grande: a da Festa da Peregrina, e hoxe xa coñecimos o cartel dos grupos que se encargarán de animar as noites festivas na praza do concello. Entre os días 12 e 20 de agosto, pasarán polo escenario Roi Casal, Mago de Oz, Juan Magán, Novedades Carminha, Tamara, Fangoria ou Morat, un dos pratos fortes do programa. Todos os concertos serán gratuítos, como tamén o son os que se celebran na praza de A Ferrería. Pelepau ou Guadi Galego actuarán na céntrica praza. Tamén haberá actuacións de músicos locais: o martes 15 a de Galifunk Bras e o xoves 17 a de Gustavo Almeida. A Praza do Teucro será a que acolla os espectáculos infantís. Pero a programación estival non só se concentra no mes de agosto. Entre o Surfing The Lérez do 17 de xuño e a Feira Franca do 2 de setembro, o concello enche o verán pontevedrés de actividades. O Memorial Ricardo Portela, a Romaría de San Bieito de Lérez, o Festival Internacional de Jazz, os 15 Bolos ou o Paseantes, son algunhas das propostas que non faltarán na programación, elaborada toda cun orzamento igual ao do ano pasado: ao redor de 900 mil euros.