Noia traballa para a declaración da ría como Patrimonio da Humanidade

    NOIA> O concello de Noia recompila información para solicitar a declaración da ría como Patrimonio da Humanidade. Pretenden implicar ós outros catro concellos da comarca para converter á actividade marisqueira nun atractivo turístico máis. A singularidade da actividade marisqueira na ría de Muros Noia ben merece ser recoñecida. De aí, que o concello estea a recompilar documentación para solicitar a súa declaración como Patrimonio da Humanidade, en cumprimento dun acordo plenario. Ademais do apoio da administración autonómica, neste longo camiño, Noia tentará implicar ós outros catro concellos da ría que se poderían beneficiar tamén desta declaración, especialmente no eido turístico. Neste proxecto enmárcase a recuperación do edificio do Casino en punto de recepción de visitantes para os cinco concellos da ría.