O concello rende homenaxe aos estudantes de excelencia

Pontevedra> O alcalde de Pontevedra recibíu esta mañá no seu despacho a Paloma Otero, premio de excelencia a nivel nacional na ESO, e a Antón Piñero, premio de esforzo académico de Galicia tam. Estes dous estudantes son do IES Torrente Ballester, Lores dixo sentirse moi orgulloso do nivel educativo público que hai na capital de provincia. Orgulloso así se sentíu esta mañá o alcalde de Pontevedra na recepción que lle brindou a Paloma Otero e a Antón Piñeiro. Ambos estudantes de excelencia na ESO. Paloma quere estudar algo vencellado coa rama de Bioloxía aínda que non ten moi claro o qué. Este premio de excelencia nacional non supón ningún cambio no seu día a día. Leva os estudos ao día e adícalle 4 horas á musica diariamente, toca o chelo. Antón é moi modesto, considera que non fixo nada extraordinario para este premio aínda que os seus profesores teñen claro que sí. A súa discapacidade fai que teñan que realizar un esforzo diario para conseguir sacar adiante os seus estudos. El teno claro quere ser programador informático. Son moitos bos estudantes pero excelentes moi poucos. Paloma e Antón amosaron que sí o son así que parabéns para eles e a seguir colectando moitos éxitos nos vindeiros anos.