O PP asegura que os clubs deportivos están realizando un “esfuerzo titánico” para sobrevivir

PONTEVEDRA> O PP de Pontevedra compareceu esta mañá en rolda de prensa para denunciar a grave situación que están atravesando os clubs da cidade. O concelleiro Guille Juncal pediu ao goberno municipal que poña unha solución aos continuos retrasos rexistrados no pago das subvencións.

O PP de Pontevedra acusou esta mañá a Tino Fernández de realizar un exercicio de cinismo coas súas explicacións ante o retraso dos pagos das subvencións aos clubs deportivos. O concelleiro socialista asegurou onte en rolda de prensa que soamente quedaban por pagar as axudas correspondentes as tempadas 18-19 e 19-20. Algo que foi desmentido esta mañá polo concelleiro popular Guille Juncal.

O edil popular asegura que os clubs están realizando un gran esforzo para poder sobrevivir ante esta situación e pide ao goberno municipal que lle dea prioridade ao deporte base antes que aos grandes eventos.

Ante o anunciou de que o goberno municipal creará unha aplicación móbil para axilizar os trámites no pago das subvencións, Guille Juncal cre que hai outras necesidades máis importantes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí