A Xunta acometerá a construción dunha nova conexión co núcleo ribeirense de Fafián

RIBEIRA> A titular de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, achegouse esta mañá ó concello de Ribeira para anunciar a licitación das obras da nova vía de conexión coa aldea de Fafián, que suporán un investimento da Xunta de preto dos 900 mil euros. Segundo ela a actuación suporá o primeiro paso da futura variante.

O alcalde, Manuel Ruíz, agradeceu á Conselleira a rápida resposta a súa solicitude, ó ser esta unha actuación clave para a funcionalidade da rede de estradas do municipio.

As empresas interesadas na execución destes traballos teñen de prazo ata o vindeiro 19 de decembro para presentar as súas ofertas na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí