A celebración do San Antonio portugués non encarece a sardiña galega

    RIBEIRA> Abundancia de sardiña nas prazas galegas a dúas semanas do San Xoán. Hoxe, día de San Antonio en Portugal no que tamén consume este peixe como tradición, non se notou un incremento da demanda polo que os prezos permaneceron baixos. A celebración do San Antonio portugués serve como termómetro para medir a situación de sardiña de cara ó noso San Xoán. Situación que, ata o momento, se presenta boa. Mentres que en anos anteriores, por estas datas se notaba unha forte suba na demanda, nesta ocasión as vendas continúan dentro da normalidade Aínda que nunca se sabe, os praceiros cren que os prezos non experimentarán subas bruscas como en anos pasados nos que a escaseza de sardiña fixo que o quilo chegara ata os quince euros na véspera de San Xoán.