PORTO DO SON> As instalacións do Real Club Náutico de Portosín acolleron a presentación dunha nova edición, e xa van quince da regata clasificatoria da clase ILCA, enmarcada no Memorial Alejandra Fernández.
A competición, para as categorías ILCA 4, ILCA 6 e ILCA 7, terá lugar os días 16 e 17 deste mes de novembro en augas da ría de Muros-Noia .
Na regata tomarán parte un cento de regatistas chegados dende diferentes clubs de toda Galicia, ó ser puntuable para o ranking galego.
Dende o Club organizador quixeron agradecer tamén a colaboración de distintas entidades e empresas que coas súas aportacións fan posible poder desenvolver ó longo do ano este tipo de regatas como é o caso do Concello, a Deputación da Coruña ou a Confraría de Pescadores de Portosín.











