Dieste confía no mesmo equipo para revalidar a maioría absoluta

    BOIRO> O Partido Popular de Boiro presentou a súa candidatura nun acto multitudinario celebrado no restaurante Chicolino. Acompañado polo secretario xeral e o secretario provincial do partido, Alfonso Rueda e Diego Calvo, respectivamente, o candidato dos populares á alcaldía boirense, Xoán Xosé Dieste, destacou o traballo realizado polo seu equipo durante estes catro anos á fronte do concello como o mellor aval dunha xestión honesta e responsable. A lista volverá a estar encabezada por Xoán Xosé Dieste, que opta a reelección. Arroupado por numerosos militantes e simpatizantes desta formación na localidade, así como tamén por pesos pesados do partido a nivel comarca le autonómico, como é o caso do secretario xeral e o secretario provincial do partido, Alfonso Rueda e Diego Calvo, respectivamente, Dieste fixo un repaso da súa xestión ó longo destes catro anos á fronte da alcaldía, poñendo especial énfase no aspecto económico, para el algo fundamental para garantir os servizos que se lle prestan ós veciños. Un aspecto este último que destacou tamén o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda. Segundo el Dieste e o seu equipo devolvéronlle a Boiro o protagonismo que se merece, facendo unha moi boa xestión dos recursos no peor momento. A lista dos populares apenas sofre variacións con respecto á de hai catro anos. A maioría dos seus integrantes mantense. É o caso de Fernando García que irá de número dous, Nolo Romero, edil de Deportes e Xuventude irá de tres. De número catro Beatriz Deus e de número cinco Helena Teixeira, actual edil de Cultura. De número sete Diego Santamaría e de número oito Benigno González Bermúdez. Paula García Alcalde e Juan Antonio Moledo completan os dez primeiros postos da lista.