Oito estudantes do IES Sánchez Cantón finalistas nos premios TeenTech 2017

Pontevedra> Oito alumnos do Instituto Sánchez Cantón, de Pontevedra, chegan á final dos premios TeenTech 2017. Unha final que terá lugar en Londres o vindeiro 26 de xuño. Trátase de dous equipos. O da ESO presentará un proxecto de farol solar e os de Bacharelato un micrófono direccional pensado para persoas con deficiencias auditivas. Dous equipos conformados por estudantes do Sánchez Cantón participarán por primeira vez na fase final dos premios TeenTech que se desenvolverá na Royal Society de Londres o vindeiro 26 de xuño. Trátase dun equipo de tres mozas da ESO que presentarán un proxecto farol solar. E outro equipo de Bacharelato conformado por 2 mozas e 3 mozos que levan un micrófono direccional pensado para persoas con deficiencias auditivas. É a primeira vez que un equipo español chega a esta final na que competirán con dous equipos internacionais no caso das mozas da ESO, e dous británicos no caso dos alumnos de Bacharelato. O concello de Pontevedra e a empresa Setga son os encargados de financiar esta viaxe que ten un custo de 8000 euros. Un investimento co que tamén colaborou a ANPA do instituto Sánchez Cantón.