As intensas chuvias afunden un treito da estrada en Campañó

PONTEVEDRA> O paso da borrasca Gerard deixou nas últimas horas intensas chuvias e un regueiro de incidencias. Entre elas, o afundimento dunha estrada no concello de Pontevedra.

En concreto, a estrada provincial 0017, na parroquia de Campañó en dirección ao colexio Los Sauces. Foi pouco antes da medianoite. Nese momento pola zona circulaba un vehículo que caeu pola fochanca e quedou emborcado no lateral da estrada. A condutora foi quen de saír polos seus propios medios do vehículo. Despois foi trasladada ata un centro hospitalario pola ambulancia do 061 con feridas de carácter leve.

Dende entón, a estrada está cortada en ambos sentidos de circulación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí