Un novo remolque axilizará o traballo dos voluntarios de Protección Civil

PONTEVEDRA> Protección Civil conta dende hoxe cun novo remolque para emerxencias. Este equipamento foi froito dun convenio de colaboración entre o Concello e a Xunta de Galicia. A institución autonómica fíxose cargo do custe de todo o material, valorado en 17.000 euros.

Unha eletro-bomba somerxible, un xerador de electricidade portátil, unha torre de iluminación e un kit de balizamento e sinalización. Eses son algúns dos materiais incluídos neste remolque. Un novo equipamento co que conta dende hoxe a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil co obxectivo de axilizar o seu traballo.

Este remolque foi adquirido polo Concello grazas a un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia. A administración autonómica fíxose cargo do custe de todo o material, que está valorado en 17.000 euros.

Esta agrupación pontevedresa conta con máis de 900 voluntarios e, no que vai de ano xa participaron en 115 operativos. Entre eles, cabe destacar o gran traballo realizado a pasada fin de semana nas inundacións da rúa Padre Fernando Olmedo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí