Boiro dá un paso máis na humanización de Avellaneda

    BOIRO> A directora Xeral de Urbanismo supervisou, xunto co alcalde de Boiro e co delegado territorial na Coruña, as obras de pavimentación que se están a acometer na avenida de Avellaneda. Habilitouse un paseo peonil con lousas de granito e zona verde. Os traballos para a humanización desta zona xa están case rematados. Tan só queda agardar a que baixen as temperaturas para concluír a plantación do céspede deste novo paseo peonil na avenida de Avellaneda, enmarcada no Plan Urbe. A zona foi pavimentada con lousas de granito e instalouse diverso mobiliario urbano. A través deste investimento por parte da Xunta de Galicia Boiro segue apostando pola humanización da contorna da Boqueira da Negral, en pleno casco urbano. Unha obra, acometida con cargo ó Plan E financiado polo goberno socialista, que contaba con numerosas deficiencias.