O BNG presenta, ante 2000 persoas, o seu proxecto “Adiante con Pontevedra”

Pontevedra> Inicio da pre campaña e presentación oficial da candidatura de Lores para as elección de maio do 2019. Un ateigado Recinto Feiral, con preto de 2 mil persoas, foi o lugar elixido polo BNG para presentar a súa campaña “imos cara adiante”. Lores deixou claro no seu discurso que o do BNG é un proxecto de todos e de todas, un proxecto de cidade co fin de facer medrar a Pontevedra e aos seus veciños.

Preto de 2 mil  persoas de diferentes ámbitos da sociedade asistiron a cea que o BNG realizou no Recinto Feiral de Pontevedra. O fin a presentación oficial de Lores como candidato e dar o pistoletazo de saída a pre campaña baixo un lema”adiante” un lema que en acompañado dun vídeo no que podemos ver cantando ao propio Lores, e no que tamén participan Mariña da Furius Monkey House, Cora Sayers e Xaquín Moreda de Maravallada.

Un inicio da precampaña onde Anabel Gulías deixou claro que o concelleiro revelación desta lexislatura foi sen dúbida Miguel Anxo Fernández Lores.

Ana Pontón, pola súa banda, definiu ao actual alcalde de Pontevedra como un auténtico crack.

E Lores, dixo que ante todo quere facer un proxecto de cidade no que contar con todas e todos os veciños de Pontevedra. Para isto cada un dos comensais contaba cun papel onde poder deixar a súa recomendación ou petición de cara a preparación do vindeiro programa electoral do BNG.

Unha cea que rematou, como manda a tradición, con cánticos e música tradicional galega.