Porto do Son converterase en sede dos Encontros Universitarios sobre Odontoloxía

    PORTO DO SON> Porto do Son acollerá entre o 29 de xuño e o 1de xullo as primeiras xornadas universitarias de odontoloxía. Acudirán ó redor dun cento de participantes de diversas universidades de España e Portugal. A divulgación non só estrictamente da odontoloxía senón de diversos temas relacionados coa ciencia e saúde é o que pretenden estas xornadas universitarias que por primeira vez se celebrarán en Porto do Son. Darán comezo o xoves vinte nove cunha sesión aberta a toda a cidadanía na que se abordarán temas de máxima actualidade como o transplante de cara. No marco deste congreso presentaranse estudos e investigacións recentes aínda sen publicar cun claro afán de divulgar a ciencia e achegala á cidadanía. O alcalde de Porto do Son agradeceu a elección deste concello como sede dun encontro de tan alto nivel que contribuirá a atraer máis visitantes ata a localidade.