Ánxela Franco visita as melloras acometidas pola Deputación na residencia de AMICOS

    BOIRO> A deputada provincial, Ánxela Franco, visitou as instalación da residencia de AMICOS en Comoxo. Grazas a unha achega da Deputación, procedeuse á pavimentación do exterior do centro e dotouse dun xerador eléctrico para garantir o correcto subministro. Da man do director da entidade, Xoán España, a deputada provincial Ánxela Franco tivo ocasión de coñecer o resultado das obras de acondicionamento exterior do centro de Comoxo que permitiron dotalo de maior accesibilidade. Grazas á achega económica da Deputación da Coruña, próxima ós douscentos mil euros, acometeuse tamén a instalación dun xerador para garantir o subministro de electricidade nas instalacións. A achega da Deputación vén de sumarse ó esforzo económico doutras administracións e empresas que pretenden contribuír a que AMICOS poida seguir a desenvolver o seu gran labor con tódolos recursos posibles.