Poio traballa na seguridade das festas do San Xoán

    POIO> Co gaio da festa do San Xoán en Poio, o concello preparou un Plan de Seguridade e do Tráfico, co que garantir que a celebración transcorra sen ningún tipo de problema. Este non foi o único punto que se tratou senón que aproveitouse o momento para presentar a I Pedalada de Poio, que se incluirán dentro do programa das festas da localidade. O concello de Poio continúa a traballar para que nada saia mal nas Festas de San Xoan. Este mércores a edil de Festas, presentou acompañada polo xefe da Policía Local o Plan de Seguridade e do Tráfico. As festas e os vehículos non soen ser unha boa combinación, por iso dende a Policía Local de Poio, traballan para que o vindeiro 23 de xuño nada transcorra de maneira casual, e adiantarse aos problemas que poidan xurdir. A edil de Festas fixo fincapé en que nestes días estase a revisar todo o entorno da festa para poder garantir a seguridade dos cidadáns. Sen esquecernos da seguridade tamén se aproveitou a ocasión para presentar a I Pedalada de Poio, que se inclúe dentro do programa das Festas de San Xoan. Esta proba celebrarase o 25 de xuño e terá un caácter solidario, xa que todo aquel que queira participar deberá doar un quilo de alimentos, que serán doados a Emerxencia Social de Poio. O punto de saída será as 10:30 dende o Mosteiro de Poio.