Muros demanda novas partidas nos orzamentos da Xunta

MUROS> O goberno de Muros trasladará á Xunta, a través do grupo parlamentario de En Marea, a inclusión dunha serie de necesidades a incluír nos orzamentos autonómicos. Entre as partidades demandadas polo goberno muradá demanda unha axuda para continuar coa rehabilitación do Cine París, iniciada con fondos da Deputación, ou o proxecto de construción dun edificio para albergar o xulgado, que actualmente se empraza na casa consistorial. Tamén demandan investimentos en materia de saneamento para eliminar os puntos de vertido na beira do río Valdexería onde xa se comezou a actuar . A circunvalación de Muros é outra das prioridades do executivo para acabar cos atascos que se rexistran no centro da vila durante o verá. Dende o concello demandan que se contemplen estes investimentos nos orzamentos da Xunta nos que actualmente tan só figura unha partida para Muors, destinada ña demolición da antiga fábrica de xeo.