O BNG emprenderá unha batalla legal e social contra a incidencia supramunicipal de Elnosa

Pontevedra> O BNG emprenderá unha batalle legar e social contra a incidencia supramunicipal de Elnosa. Os nacionalistas consideran que esta empresa quere chegar a un acordo pola porta de atrás. Dende o Bloque teñen claro que o PP e o Goberno Galego apoian a continuación de Elnosa na ría de Pontevedra. En decembro deste ano Elnosa debería de pechar a súas instalacións en Lourizán, debido, por encima de todo, o incumprimento dunha normativa europea. Pero dende esta empresa continúan coa súa loita para permanecer neste espazo, e agora veñen de pedir á Xunta de Galicia a supramnunicipalidade do seu proxecto sectorial. Unha medida ante a cal o BNG se opón rotundamente. Con esta medida, segundo os nacionalistas, ponse en evidencia que o PP e o Goberno da Xunta apoian a esta empresa privada que incumpre unha nortamtiva do concello e a lexislación europea. O BNG cree que os prazos son moi xustos para aprobar a incidencia supramunicipal. Pero dende as filas nacionalistas son conscientes de qur todo pode acontecer neste caso. Por esta razón loitarán e esgotarán todas as vías sociais, legais e políticas contra a continuidade de Elnosa na ría de Pontevedra.