200 deportistas paraticiparán no II Triatlón de Cambados

    CAMBADOS> O II Triatlón Popular de Cambados colga o cartel de cheo. Uns 200 triatletas participarán nesta proba que terá lugar o vindeiro sábado 24 de xuño. Cambados encherase este sábado de triatletas que se achegaran a vila para participar no II Triatlón Popular da vila. Nesta edición haberá que comezar un pouco máis tarde que a edición do ano pasado, tal e como explicou o edil de Deportes do municipio. A proba dará comezo no entorno das 18:00 horas por mor das mareas en nela. Os aspectos técnicos da mesma, explicounos na presentación do evento, do presidente da Federación Galega de Triatlón. En canto a parte técnica, a saída será nas inmediacións do illote de San Sadurniño, haberá unha primeira transición na escaleira de San Tomé e o ciclismo contará cun percorrido dende San Tomé o peirao de Tragove, ida e volta catro veces. Posteriormente finalizará na carreira a pé durante doas voltas todo polo paseo marítimo ata Tragove. Unha proba que se consolida ano a ano.