Chega a noite máis terrorífica do ano, o Samaín

PONTEVEDRA> Comeza a conta atrás para celebrar a noite máis terrorífica do ano. O Samaín é unha das festas máis populares da nosa comunidade e por iso son moitos os que se achegan estes días as tendas da cidade para mercar os seus disfraces. Os máis buscados este ano son os das películas e personaxes como It, Harley Quinn ou ou o Joker.

Achégase a noite máis terrorífica do ano. A noite na que os mortos camiñarán entre os vivos. Unha festa, a do Samaín, na que non importa a idade. O único fundamental é vestirse cos disfraces máis terroríficos. Este ano, os máis demandados son os relacionados coas películas e cos personaxes coma este.

A variedade de disfraces aumenta cada ano pero polo xeral os prezos para converterse nun ser terrorífico como este soen oscilar entre os 10 e os 40 euros.

As festas de Halloween ou do Samaín son xa unha tradición e iso nótase nas ventas de tendas coma esta.

Unha vez elixido o traxe e os complementos soamente queda elixir un bo plan para a noite do Samaín e desfrutar dunha celebración que gaña cada vez máis adeptos na nosa comarca.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí