Chega unha nova edición do Deporcampus a Boiro

BOIRO> A Escola de Fútbol Municipal de Boiro e a Fundación Deportivo da Coruña irán de novo da man na organización dunha nova edición do DeporCampus, unha actividade que xa chega este ano a súa quinta edición.

Desenvolverase do 11 ó 15 de xullo, en horario de dez a dúas nas instalacións municipais de Vista Alegre. O campus está destinado a nenos e nenas de entre 6 e 14 anos.

Como en edicións anteriores, o campus está dirixido por adestradores e persoal técnico do club herculino. Ademais dos adestramentos contará con actividades coas que se busca transmitir outro tipo de valores.

Dende o Concello, que colabora na organización deste campus, agradeceron ó RC Deportivo o feito de volver a escoller Boiro para acoller este campus, un dos máis lonxevos dos que organiza o Club, e o feito de que a actividade permita ás familias poder conciliar a vida laboral e familiar durante as vacacións.

As inscricións na actividade xa están abertas e poden realizarse ata o vindeiro 7 de xullo na web deporcampus.rcdeportivo.es.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí