O PORTO DO SON> Rueda puxo a Galicia coma exemplo do bo facer en canto ós coidados que reciben as persoas con dependencia. Neste sentido destacou o programa Bono Coidado Fogar que xa rexistra os 40 mil beneficiarios e que permite que as persoas con dependencia poidan recibir os coidados que precisan na súa propia casa.
O titular do Executivo Galego aproveitou tamén o acto para reclamarlle ao Goberno Central que cumpra coa súa achega do 50% no financiamento das prestacións da dependencia.











