A Xunta de Goberno adxudica obras por un importe de máis dun millón de euros

Pontevedra> A Xunta de Goberno Local aprobou en Pontevedra a adxudicación e contratación de obras en vías e espazos públicos por máis dun millón de euros. Entre os traballos máis destacados está a rehabilitación do aparcadoiro da rúa Alexandre Bóveda e a renovación da zona de baño da praia fluvial do río Lérez. A Xunta de Goberno Local en Pontevedra da luz verde ao proxecto de rehabilitación do aparcadoiro da rúa Alexandre Bóveda por un importe de máis de 241 mil euros. Segundo explicou o voceiro do Goberno Municipal, trátase dunha intervención que inclúe a mellora da seguridade viaria no tramo comprendido entre a avenida de Compostela e a ponte dos Tirantes, así como a reparación de beirarrúas. Nesta reunión tamén se deu luz verde á adxudicación dos traballos de reparación da zona de baño na praia fluvial do río Lérez por un importe de máis de 229 mil euros á empresa Covsa. Unha xunta de Goberno que aprobou a adxudicación de dúas obras viarias demandadas pola veciñanza, a rehabilitación da rúa do Costado e a do tramo que vai dende o Regueiriño á Carballeira en Lourizán.