Os Festivais das Rías Baixas xa quentan motores

Pontevedra> Esta fin de semana comezan os festivais Rías Baixas 2017. Unha cita que se inaugura co Atltantic Fest un evento que terá lugar os días 1-2 de xullo na Illa de Arousa. A presidenta da Deputación dixo que os festivais terán dous compromisos neste ano a sustentabilidade e a igualdade. Tralos 26 millóns de euros de retorno económico que tiveron os festivais o pasado ano e as máis de 200 mil persoas que participaron nos mesmos esta mañá dende a Deputación fixeron unha presentación deses 8+1 Festivais das Rías Baixas que esta fin de semana comezan a sonar. Alcaldes, promotores, organizadores e mandatarios da deputación déronse cita esta mañá no Pazo Provincial para botar a andar esta nova edición dos festivais das Rías Baixas. Festivais que se celebrarán en diferentes concellos da nosa provincia.Pero tal e como deixaron claro esta mañá do que se trata e de sumar entre todos para converter a Pontevedra nun referente musical no verán a nivel europeo. Dende a deputación lanzan duas liñas clave para os festivais deste ano: a sustentabilidade e a igualdade. Con elas o éxito estará asegurado. Esta fin de semana ábrese o telón para os Festivais Rías Baixas co Atlantic fest na Illa de Arousa.