LOUSAME> A Conselleira de Infraestruturas mantivo un encontro cos alcaldes de Noia e Lousame para expoñerlles as modificacións no Plan de Transporte Público a través das alegacións dos concellos. A introdución de tres novas rutas suporá un incremento do número de rutas e de paradas. Garantir o emprego e o servizo, sobre todo no eido rural aproveitando as sinerxias co transporte esoclar. Desta premisa parte o novo Plan de Transporte Público de Galicia no que a Consellería de Infraestruturas está a introducir moitas das alegacións presentadas polos concellos. No caso de Noia e Lousame, a administración autonómica habilitará seis liñas, tres delas de transporte escolar integrado. Á espera de estudar en profundidade as alegacións recollidas, os alcaldes amosaron a súa satisfacción polo incremento do número de paradas, unha vez que as empresas encargadas do transporte regular renunciaron á concesión do servizo. Ante a convocatoria de dúas novas xornadas de folga a Conselleira fixo un chamamento ó diálogo. Non descarta unha nova xuntanza a tres bandas, con administración, patronal e sindicatos, co fin de chegar a un entendemento ante a ameaza dunha folga indefinida.
Inicio Barbanza - Muros - Noia









