Todo preparado para a nova edición dos Premios Poio Móvese

POIO > Xa quedan moi poucos días para que se celebre unha nova edición dos Premios Poio Móvese. O acto realizarase este venres no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó e con el, o Concello de Poio pretende recoñecer o traballo de diferentes deportistas, clubes e asociacións que están vencellados ó deporte local.

A Concellería de Deportes de Poio celebrará este venres a Gala dos Premios Poio Móvese. Un evento que busca recoñecer a traxectoria profesional dos deportistas locais. Entre os nominados destacan Mateo Palmeiro Muñiz, Silvia Aguete, Paula e Paloma González, o equipo de Billarda Armadiña ou o motoclub A Rosa dos Ventos.

O Concello de Poio quere que sexa unha gala dinámica e divertida onde os protagonistas sexan os propios deportistas.

Ademais, o evento contará coa música cos grupos galegos Lacazáns e Soul Breakers e co humorista Carlos Blanco.

A Gala comezará as 21.00 horas no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó e hai un aforo limitado de 200 persoas. Quenes queiran asistir deberán recoller a súa entrada no Concello de Poio entre o mércores e o xoves.

 

Comments are closed.