Sanxenxo recibiu hoxe as ‘Q de Calidade’

    MADRID> Sanxenxo recibiu hoxe as ‘Q de Calidade’. O tenente alcalde, Gonzalo Pita, e o concelleiro de Turismo Jesús Sueiro, recolleron en Madrid estes diplomas de recoñecemento da calidade turística, de man da Secretaria de Estado de Turismo, Matilde Asian. Un total de dez praias locerán este verán a bandeira ‘Q de Calidade’: Areas, Silgar, Baltar, Caneliñas, Canelas, Montalvo, Pragueira, Major, Areas Gordas e A Lapa. Estes areis foron revisados e certificados polo Instituto para a Calidade Turística Española, sometidos a auditorías que supervisan os procesos da dirección, a planificación e a organización de recursos, así como a xestión ambiental, o control e a mellora continua. Sanxenxo sitúase como o segundo municipio con máis Q de Calidade de España.