O Concello inicia a contratación de seis proxectos dos fondos anticrise

    pasos_elevados_vilagarcia100_100209.jpgVILAGARCÍA> O Concello de Vilagarcía iniciou o proceso de contratación dos seis primeiros proxectos dos fondos anticrise.

    {flowplayer}images/salnes/PROXECTOS_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> A seguridade viaria é unha das principais preocupacións en Vilagarcía, tralos numerosos atropelos producidos no casco urbano, tres deles xa no que vai de ano. Unha das medidas que poñerá en marcha o Concello será a elevación dos pasos de peóns, unha actuación que incluíu na relación de proxectos do Fondo de Investimento Local.

    O goberno local informou que está a tramitar xa a contratación as obras de elevación dun total de 20 pasos de peóns en estradas de titularidade municipal. Segundo os informes técnicos, entre os puntos nos que se considera máis urxente minorar a velocidade dos vehículos figuran a Avenida da Mariña, a Praza da Constitución ou Arzobispo Lago. As obras inclúen a reforma e adaptación das beirarrúas, a instalación de luminarias e sinais reflectoras.

    Amais deste, o Concello puxo en marcha o proceso de contratación doutros cinco proxectos para a mellora de alumeado público, camiños e abastecemento. O importe total destes seis proxectos achégase ó millón de euros.

    Redacción Salnés