Un novo sinal na entrada de Portonovo proclama un Sanxenxo ‘libre de violencias machistas’

SANXENXO> Este 8M en Sanxenxo celebrárono coa instalación dun sinal no que o municipio se declara libre de violencias machistas. Foi colocado na entrada de Portonovo, nun acto no que tamén participaron membros da Policía Local e a Garda Civil. O goberno local aproveitou a xornada para avanzar que este mesmo mes será aprobado o quinto plan de igualdade municipal.

Dende hoxe, a entrada ao nucleo de Portonovo está presidida por este sinal. Foi inaugurado esta mañá, coincidindo co Día Internacional da Muller. Un xesto simbólico a prol da igualdade real entre homes e mulleres e na defensa da erradicación de calquera tipo de violencia por cuestión de xénero.

No acto, ademais de representantes do goberno local e do Centro de Información á Muller, participaron representantes da Policía Local e da Garda Civil. Dous corpos que, en moitos casos, traballan da man cando se detectan episodios de violencia contra muller.

Aproveitando esta xornada do 8M, o goberno local tamén avanzou que no vindeiro Pleno será aprobado o quinto plan de igualdade do municipio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí