O Concello de Vilagarcía e a Xunta financiarán ao 50% as melloras do CEIP de Rubiáns

    VILAGARCÍA> O Concello de Vilagarcía e a Xunta de Galicia acordaban esta mañá acometer unha serie de melloras urxentes na aula de Educación Física do Colexio de Rubiáns posibilitando así a impartición das clases nese espazo durante o curso. Posteriormente estudarán unha reforma de máis envergadura na abren a porta á participación doutras administracións.

     

    As pequenas melloras que facilitarán a adecuación da aula para o seu uso inmediato serán sufragadas ao 50% por Xunta e Concello e tras elas os técnicos de ambas institucións se reunirán para decidir se acometen unha obra en profundidade ou se crean unha nova aula. Todo en período non lectivo, como se apresurou a aclarar o edil de Educación de Vilagarcía.

    Tanto o Concello de Vilagarcía como a Xunta de Galicia apostan neste caso pola integración da Deputación de Pontevedra no proxecto.

    Dende a ANPA do colexio poñen en dúbida que as reformas que queren facer o deixen como debería estar e piden que non se parchee unha instalación que debe ser feita de novo.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/07/educacion_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/07/educacion_vilagarcia.mp4{/flowplayer}