O BNG demanda melloras no funcionamento da estación de autobuses da Pobra

    POBRA> O BNG da Pobra fíxose eco das queixas dos veciños respecto ó funcionamento da estación de autobuses. Reclaman máis seguridade nos accesos, a ampliación do horario de apertura e a mellora do alumeado. O BNG da Pobra recolle nunha moción unha serie de demandas veciñais en relación co funcionamento da estación de autobuses. A primeira ten que ver coa accesibilidade das instalacións. Na actualidade, a maioría dos peóns acceden ó recinto pola zona destinada ós autobuses dada a escasa funcionalidade da entrada a pé. Por esta razón, os nacionalistas piden que se adapte esta entrada para promover o seu uso. A ampliación do horario de apertura da dársena é outra das solicitudes do BNG posto que os primeiros autobuses da mañá teñen que recoller ós pasaxeiros na rúa cos consecuentes riscos para a seguridade.Por último demandan a mellora do alumeado, actualmente deficiente, especialmente durante o inverno.