O TSXG ratifica a ampliación de servizos da policía de Muros

    MUROS> O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de ratificar a ampliación dos horarios da policía local de Muros, establecida o pasado ano trala negociación entre o executivo e os sindicatos. Con este acordo modificábase o convenio aprobado durante a anterior lexislatura que eliminaba as gardas nocturnas. O convenio colectivo aprobado en 2008 eliminaba as quedas de vixilancia nocturna durante … Sen embargo, o actual executivo estableceu a obriga de realizar servizos policiais cando as condicións así o requirisen, en prol das necesidades de seguridade cidadá. Sen embargo, os axentes, discrepantes con esta decisión, presentaron unha reclamación xudicial. Tras un primeiro fallo favorable, o concello recorreu a sentenza ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que lle vén de dar a razón. A alcaldesa valorou moi positivamente o fallo, contra o que cabe recurso. Insiste en que non se pretende atentar contra os dereitos dos traballadores pero era preciso establecer quedas nocturnas para garantir a seguridade dos veciños.