Multitudinaria despedida do entroido no Barbanza

BARBANZA> O Barbanza despediu o entroido esta fin de semana con actividades do máis concorrido. O venres tiña lugar o multitudinario concurso de disfraces do Rally París Dakar que percorreu as rúas de Noia. Destacou a alta participación con 43 inscritos, entre eles 17 comparsas. Na categoría individual fíxose con premio o ‘Embaixador das AR’ , mentres que a parella gañadora foi a Fantasía Oriental.

Na categoría de comparsas o premio foi para os noieses ‘Entre Flores anda o conto’ mentres que ‘O Camiño da Auga’ impúxose na modalidade de grupos.

Tras esta exhibición de enxeño e bo humor,  o fin de festa chegou o domingo. En Boiro organizaron o tren dos enterros que percorreu as distintas parroquias para dar o último adeus ó Farruco en Cabo de Cruz, á Cunca en Praia Xardín, ó Óso de Abanqueiro e ó Felipiño de Escarabote. 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí