Boiro prepárase para unha nova ‘Noite Aberta’

    BOIRO> A Asociación Boirense de Empresarios celebrará este sábado, 16 de novembro, a segunda edición desta iniciativa no que os comercios ofrecerán importantes descontos e promocións.

    Máis de cincuenta establecementos, entre comercios e locais de hostalería, participarán nesta orixinal iniciativa que por segundo ano consecutivo organiza a Asociación Boirense de Empresarios. O principal obxectivo dese evento é a dinamización do comercio local, na procura de mellorar as vendas dun sector desacougado pola crise. Os establecementos permanecerán abertos ata medianoite e ofrecerán descontos e promocións durante toda a xornada. Ademais ese día desenvolveranse actividades especiais cun marcado aspecto cultural, xa que contarase con actividades musicais, culturais e artísticas en diversos puntos de Boiro. Para un mellor seguimento das actividades os interesados poden consultar o folleto completo cos descontos e actividades na páxina web www.boiroaberto.com O concello aproveitará tamén ese día para realizar o acendido do alumeado de Nadal. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/13/presentacionnoiteabertaabe131113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/13/presentacionnoiteabertaabe131113.mp4{/flowplayer}