O FLOP aterra con forza na semana do Orgullo en Pontevedra

Pontevedra> O día do orgullo chega a Pontevedra cunha nova edición do FLOP. Unha cita que encherá de actividade a cidade co ciclo de de cinema LGTBI que terá lugar do luns 3 de xullo ao venres 7. Ou coa celebración do festival electrónico que terá lugar o sábado 8 de xullo no Parque dos Gafos de 12;00 a 00.00. O 28 de xuño celébrase o día do Orgullo. Unha xornada que terán moi presente dende o concello. Mañá terá lugar a colocación dunha bandeira multicolor, pero será a vindeira semana cando o FLOP, o free live orgullo Pontevedra, encherá de actividade a cidade co ciclo de cinnema LGTBI do luns 3 ao venres 7. Aínda que o día grande será o sábado 8 de xullo co festival de música electrónica de 12:00 a 00:00 da noite no parque dos Gafos. Os que queiran continuar de festa poderán facelo nos Salóns do Pazo da Cultura cunha entrada de 10 euros.