O Mercado estará a pleno rendemento para finais deste 2018

Pontevedra> De cara a finais deste ano o Concello de Pontevedra agarda poder ter listas as obras de mellora do Mercado de Abastos. Un mercado que se converterá nun espazo con maior equipamento e máis oferta para todos os que o visiten. As obras terán un prazo de execución de dous meses, serán as praceiras as que decidirán cando é o momento ideal para comezar ditos traballos.

Toto listo para comezar as obras de mellora nas instalacións do Mercado de Abastos, unhas obras para as que o pleno deberá aprobar a modificación de crédito e ás que serán incluídas 52 mil euros, deles máis de 10 mil euros irán destinados a cámaras frigoríficas, 14300 a caseta nova do mercado, 3400 o acondicionamento do local multiusos, 2100 a taquillas, 21 mil euros á asistencia técnica que regulará os novos usos da planta de arriba do mercado.

Na actualidade xa se pechou o prazo para a presentación de ofertas destinadas a reforma máis grande da praza, unha reforma que contará cun investimento de 200 mil euros e á que se presentaron 14 empresas. Uns traballos que en total, terá un prazo de execución de 2 meses, serán as praceiras as que fixen a data de comezo destas obras.

Uns traballos que converterán este mercado nun dos puntos máis destacados e visitados para a cidade de Pontevedra.

Un mercado que dende o concello agardan que estea a pleno rendemento entre finais deste 2018 e comezos do 2019.