Investimento para os campos de fútbol do concello

Pontevedra> O concello de Pontevedra ven de aprobar o expediente de contratación da obra do novo campo de fútbol de Gatomorto, en Xeve. Unha obra onde se destinarán máis de 971 mil euros e que contará con 6 meses de prazo de execución. O campo de fútbol de Gatomorto , en Xeve, está a piques de converterse nunha realidade xa que o concello ven de aprobar o expediente de contratación da obra por un importe de máis de 971 mil euros e un prazo de execución de seis meses. O concello solicitará ás empresas interesadas que presenten nos seus proxectos melloras por valor de 110 mil euros, entre as que se inclúen equipamento deportivo, o mantemento anual do céspede, un portalón ou un panel de formigón para a bancada. Ademais destes traballos o concello tamén continúa coas melloras e novos proxectos noutros campos de herba artificial, como a renovación xa en marcha da Xunqueira ou a adxudicación de Chan do Monte en Cerponzóns, na que están interesadas 23 empresas.