Tres condenados por delito de trata de persoas e prostitución coactiva

Pontevedra> Tres persoas serán condenadas, coa súa conformidade, a penas de prisión de meses e un ano e sete meses. As razóns desta condena é por ter distintos graos de participación nunha organización dedicada a favorecer a prostitución de tres mulleres nun club de alterne en Meis. Catro acusados sentaron na bancada nesta xornada, unha delas, foi absolta e abandonou este lugar. Os tres restantes foron condenados, coa súa conformidade coa Fiscalía. Carlos Varela Sánchez e María Susana Sotelo foron condenados a tres meses de prisión por un delito de favorecemento de inmigración ilegal, a un ano sete meses e 15 dias por un delito de trata de persoas cun delito de prostitución coactiva. Arturo Manuel García conformouse con 10 anos de prisión por trata de persoas con fins de explotación sexual cun delito de prostitución coactiva. En canto ás responsabilidades civís, Carlos e María Susana deberán indemnizar entre os dous a dúas das tres testemuñas protexidas con 600 euros a cada unha. E os tres acusados deberán indemnizar á terceira moza que ten a situación de testemuña protexida na cantidade de 2750 euros. Pagar ás tres mozas é un requisito indispensable para eludir a entrada en prisión.