O goberno vilagarciá asegura que non se construirá un hotel no Ramal

    Volve a polémica a Vilagarcía arredor do proxecto de construción dun hotel na zona do Ramal, ó lado da praia da Concha. A Autoridade Portuaria retoma esta iniciativa ante a carencia, afirman, de prazas hoteleiras na cidade. O goberno local é rotundo, e dí que non permitirá unha nova barreira ó mar. Na rúa, atopamos opinións para tódolos gustos Non hai acordo á vista entre a Autoridade Portuaria de Vilagarcía e o goberno local. A entidade portuaria vén de retomar a súa antiga iniciativa da creación dun hotel nesta zona de cidade, o Ramal. Con este motivo volveu preguntar ó concello sobre a inclusión da cualificación urbanística desta parcela, de case 7.000 metros cadrados, no novo PXOM. A autoridade pediu así que se faga cumprir un convenio de 1998. Algo que o goberno actual de Vilagarcía asegura, que xa se fixo. O equipo de goberno actual, afirmounos que o concello respecta os intereses da autoridade portuaria, que non está non seu ánimo prexudicala ,pero sempre que isto non hipoteque o futuro da fachada marítima de Vilagarcía. O goberno local engade que o Plan Xeral de Ordenación Municipal xa ten un proxecto ideado para rexenerar esta zona da vila, sempre prensando en abrir a cidade ó mar. Unha solución prevista no novo PXOM que aínda está a espera de ser sometido a exposición pública. Mentres continúa a discrepancia entre as dúas autoridades, preguntamos na rúa ós vilagarciáns, e atopamos, variedade total entre a opinión dos veciños.