Cambados celebrará as festas do albariño nun formato reducido

CAMBADOS> Cambados accederá o venres ao nivel baixo de restricións sanitarias e o goberno local xa pensa nas festas do Albariño. Manteranse as catas e o túnel do viño pero non se instalarán as casetas. Tamén haberá concertos todos os días pero nun formato reducido.

En menos dun mes a situación sanitaria de Cambados cambiou totalmente. O día 10 de maio a vila rexistraba o seu peor dato da pandemia con 94 casos activos, hoxe son 12, dous menos que no día anterior. Unha melloría que leva ao Sergas a reducir as restricións na vila, que o venres accederá ao nivel baixo.

A pesar das restricións dende o concello continúa advertindo á veciñanza que respecten todas as normas sanitarias.

A boa situación tamén fai que o goberno local comece a pensar no verán, e especialmente na festa do Albariño. A celebración adaptarase á situación sanitaria.

Este ano, tampouco se celebrarán verbenas na praza do concello nin se instalarán atraccións. Pero nestas festas si haberá concertos aínda que nun formato reducido.

Ao marxe do Albariño, o nivel baixo de restricións permitirá ao concello recuperar as actividades culturais e deportivas que tivera que adiar. A primeira delas terá lugar mañá coa inauguración do museo Ramón Cabanillas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí