![]()
MEIS > Mari Carme Martínez presentouse ante os veciños como candidata á alcaldía de Meis polo BNG. Bieito Lobeira e Montserrat Prado describírona como a alcaldesa que necesita o concello,
…coherente e honesta. Martínez comprometeuse a facer unha política local centrada nas necesidades da xente, e afastada das directrices de Madrid ou Bruxelas. Política para a xente, a partir das demandas e necesidades dos cidadáns. É o piar básico do proxecto que esta fin de semana presentou a candidata á alcaldía de Meis, Mari Carme Martínez.
No acto respaldaron a Martínez, a delegada en Pontevedra da consellería de Innovación e Industria, Montserrat Parado e Bieito Lobeira. O deputado no Parlamento galego avogou por un cambio profundo no concello. Lobeira denunciou o oscurantismo político ó que segundo asegurou ten acostumado o rexedor local de Meis á cidadanía para eludir os problemas reais que lle preocupan ós cidadáns. Bieito Lobeira gabouse de que o BNG sexa a única formación política que naceu en Galicia e que non obedece as directrices de Madrid nin de Bruxelas.
Nesa mesma liña mostrouse Montserrat Prado, delegada en Pontevedra da consellería de innovación e industria. Prado fixo un resumo das políticas postas en marcha desde as consellerías nacionalistas da Xunta, nunha aposta, segundo afirmou, pola cultura galega, a xente e o medio rural. Pola súa banda a candidata, Mari Carme Martínez aludiu ó que considera un desgoberno municipal absoluto.
Proxecto
Martínez mostrou neste acto as bases do seu proxecto. Para conseguir póñelo en marcha, Martínez sinalou o 27 de maio, como o momento do cambio que necesita meis, e invitou ós cidadáns a traballar para conquerir o goberno municipal distinto, que lle brinda o BNG. Neste acto de presentación, respaldaron á candidata de Meis, outros candidatos do salnés, como Xosé Castro Ratón, de Vilagarcía; Carlos Álvarez Besada, de O Grove; Roberto Fernández Lores, de Sanxenxo; ou Víctor Caamaño de Cambados.
Redacción Salnés







