A marea vermella tan só permite traballar en catro polígonos de Arousa

    BARBANZA> Comezan a reabrir algúns polígonos bateeiros na ría de Arousa mentres as de Muros Noia e Pontevedra permanecen pechadas na súa totalidade. Situación practicamente idéntica para os mariscadores con boa parte das zonas de extracción de bivalvo afectadas pola toxina. A marea vermella segue a afectar a toda Galicia aínda que comeza a remitir, moi lentamente, nalgunhas rías. Na de Arousa pódese extraer mexillón tan só en catro polígonos da Pobra, Vilagarcía, Cambados e O Grove. Na ría de Vigo permanecen abertos catro zonas de extracción en Redondela mentres que Pontevedra e Muros Noia continúan pechadas por completo. Pola contra, mellora a situación para a extracción de infaunais na ría de Arousa. pódese extraer ameixa e berberecho en tódalas concesións a excepción das situadas na boca da ría. Non así en Muros Noia e Pontevedra que continuan afectadas pola biotoxina na súa totalidade. Así as cousas, os mercados comezan a resentirse pola escaseza de mexillón e ameixa que elevou as cotizacións destas dúas especies que afrontan de cara ó verán a súa época principal de vendas. Os produtores non teñen máis remedio que agardar a que remita a marea vermella que xa leva máis dun mes afectando ás rías galegas.