A corporación noiesa oponse ó traslado das gaiolas de salmón

    plenogaiolasalmon.jpgNOIA> Así o acordaron por unanimidade os tres grupos políticos con representación municipal nun pleno extraordinario urxente.

    {flowplayer}barbanza/plenonoiagaiolassalmon.flv{/flowplayer}

    Partido Socialista, Bloque Nacionalista Galego e Partido Popular, os tres grupos con representación municipal na corporación noiesa, puxéronse de acordo na noite de onte e respaldaron a solicitude da confraría de Pescadores de Noia e demais colectivos afectados, que se opoñen ó traslado das gaiolas experimentais de salmón ó polígono Muros C. Antes de sometela a votación, o alcalde deu lectura no pleno da proposta en contra da decisión da consellería do Mar.

    A pesar de votar a favor da proposta, dende o BNG recriminóuselle ó alcalde que o texto non fose sometido anteriormente ó consenso do resto dos grupos políticos.

    O voceiro do PP, Antonio Ínsua, afirmou que dende a propia consellería do Mar hai vontade de querer chegar a un acordo entre tódalas partes implicadas neste asunto.

    Mentres tanto continúa a suma de apoios á mobilización convocada por pescadores e mariscadores da zona para o vindeiro venres en Santiago para amosar o seu rexeitamento ó traslado destas gaiolas experimentais de cría de salmón á ría muradá.

    Redacción Barbanza