A Cruz Vermella de Boiro promove hábitos de vida saudable na Terceira Idade

    A Asamblea Local da Cruz Vermella de Boiro está a desenvolver talleres de hábitos de vida  saudables na terceira idade en distintas parroquias do municipio como é o caso de Bealo, Escarabote ou Boiro. O obxectivo desta iniciativa, que é posible grazas a unha subvención do propio concello boirés, non é outro que tratar de contribuír á creación de hábitos de vida saudables nas persoas maiores para que posteriormente os apliquen na súa vida diaria.

    Unhas 60 persoas participan nos talleres de hábitos de vida saudables na terceira idade organizados pola Asamblea Local da Cruz Vermella de Boiro e que se desenvolven os martes de catro e media a cinco e media na Rectoral de Bealo e no Centro Social de Escarabote, e a partir das cinco e media ata as seis e media no Centro Social de Boiro, onde volve a impartirse tamén os xoves en horario de catro e media a cinco e media.

     

     

     

    O obxectivo desta actividade consiste en contribuír á creación de hábitos de vida saudables nas persoas maiores para que posteriormente os apliquen na súa vida diaria.

     

     

     

    A metodoloxía do traballo é moi dinámica e participativa, así inicialmente impártense unha serie de recomendacións básicas sobre temas relacionados coa saúde como poden ser enfermedades, alimentación ou exercicio físico que posteriormente se complementa con xogos, prácticas e cuestións que formulan os propios asistentes.

    Redacción Barbanza