BOIRO> O BNG de Boiro vén de anunciar que votará a favor do orzamento presentado polo goberno municipal que será levado ó pleno de mañá para a súa aprobación inicial.
Faino despois do acordo alcanzado na asemblea local da formación e tamén logo de que se aceptasen boa parte das propostas presentadas polos nacionalistas para que fosen incluídas no documento orzamentario.
É o caso da rehabilitación das antigas vivendas dos mestres para convertelas en vivendas sociais, a instalación de rede municipal de puntos wifi nos centros sociais ou a redacción do proxecto para a residencia da terceira idade, entre outros.
Aínda así dende o BNG botan en falla outras cuestións como pode ser unha aposta pola remunicipalización da xestión da piscina municipal.
Tamén critican o feito de que non se negociase o importe das partidas orzamentarias introducidas polos nacionalistas, nin tampouco a decisión do goberno de levar a pleno, de xeito unilateral, a aprobación dos presupostos, sen terllo comunicado previamente.