O concello de Ribeira acolle unha retrospectiva do pintor Hugo Mario Pereira

    RIBEIRA> A casa do concello de Ribeira acollerá ata finais de mes a exposición do artista uruguayo Hugo Mario Pereira. Vinte dúas pinturas repartidas por diferentes estancias do consistorio constitúen unha ampla retrospectiva da obra deste artista afincado no Grove. No marco do convenio coa galería de arte O Faiado, o concello de Ribeira alberga unha nova exposición. Desta volta trátase da pintura do uruguayo Hugo Mario Pereira quen ofrece unha mostra das varias técnicas e estilos empregados na súa obra dende o ano 2009. A mostra permanecerá exposta na casa do concello ata o 31 de xullo. Non é a última posto que a intención do executivo é converter o consitorio nun espazo máis de exposicións para achegar a arte a tódolos cidadáns.