RIBEIRA> Nova concentración ás portas do Hospital do Barbanza para denunciar a precarización da maior parte dos servizos do centro. Os profesionais de Medicina Interna denuncian que, por primeira vez, tiveron que derivar pacientes a Santiago, non por falla de camas senón de médicos.
Aínda que levan tempo advertindo da falla de profesionais en Medicina Interna, denuncian que por primeira vez na histoira do hospital houbo que derivar pacientes a outros hospiais por falta de internistas.
É unha das especialidades máis afectadas pola falta de persoal con tan só 5 médicos das 10 prazas orzamentadas, sufrindo unha situación de discriminación no que respecta á reqalziación de gardas.
A situación non é moito mellor en Urxencias onde os profesioanis v´rionse obrigados a trasladar as gardas localizadas en presenciais.
No que respecta a cirurxía, dous dos médicos con praza no Barbanza están a desenvolver o seu traballo no Clínico.
Medraron tamén as listas de agarda no servizo de fisioterapia, especialmente para aqueles pacientes que precisan acudir en ambulancia posto que moitas deles están ocupadas realizando os traslados de Medicina Interna