Noia recibe por todo o alto ó seu equipo de primeira

NOIA> Multitudinaria recepción a brindada onte polos noieses ó seu equipo de fútbol sala tras lograr a permanencia en Primeira División. Xogadores, técnicos e directivos do Noia Portus Apostoli recibiron o apoio e gratitude da súa afeccións.

O salón de plenos da casa consistorial de Noia quedou pequeno para acoller ós afeccionados do Noia Portus Apostoli. O concello brindou unha recepción ó club que vén de gañar a Copa Galicia e de lograr a permanencia en Primeira División por cuarto ano consecutivo.

O corpo técnico e os xogadores recibiron o calor da súa afección tras unha durísima tempada na que a permanencia semellaba imposible por momentos. Finalmente, o empate ante o Movistar Inter e a derrota do Burela en Cartagena fixeron posible que siga unha tempada máis na elite do fútbol sala a nivel nacional, sendo o único equipo galego que xogará en primeira.

Tras agradecer á afección o seu apoio inquebrantable, o acto rematou coa entrega de varios agasallos conmemorativos deste fito co que os noieses xa fixeron historia.