Os investigadores desbloquean o móbil de Diana Quer

    POBRA> Novidades no caso Diana Quer. A Garda Civil conseguiu desbloquear o teléfono da moza. A operación foi levada a cabo por unha empresa israelí nun laboratorio en Alemaña. Os investigadores agardan extraer información relevante que permita arroxar luz sobre a desaparición. Tras meses de traballo e un complicado procedemento tecnolóxico, o servizo de criminalística da Garda Civil conseguiu acceder ó datos do móbil de Diana Quer. A operación para desbloquear o teléfono desenvolveuse en Alemaña coa participación dunha empresa israelí. Deste modo, os investigadores accederán ós últimos movementos realizados co terminal onde poderían atopar información relevante para esclarecer o caso. Sospeitan que os autores da desaparición de Diana tentaron borrar información antes de arroxar o teléfono á ría dende o viaduto de Taragoña xa que chegaron a introducir un pin erróneo en, alomenos, sete ocasións para desbloquealo. O teléfono ademais apareceu moi danado como se alguén tentase dobralo antes de desfacerse del. A clave estaría nas comunicacións realizadas nos últimos quince minutos antes de que se apagara o terminal posto que o resto da información xa fóra recuperada da copia de seguridade da nube. Fotos, vídeos, mensaxes ou chamadas que poderían arroxar luz sobre o que lle aconteceu a Diana desaparecida na Pobra en agosto do pasado ano. Unha pista relevante levaría á apertura do caso que foi arquivado en abril.