O IMER de Ribeira pon en marcha un servizo de apoio emocional para mozos

RIBEIRA> O Instituto de Mediación Educativa de Ribeira pon en marcha un servizo de apoio emocional para mozos. Cinco psicólogas impartirán videoconferencias para axudar ós adolescentes a afrontar o confinamento.

Mentres de debate sobre os posibles efectos adversos do confinamento na infancia, apenas se están a ter en conta as consecuencias negativas deste encerro na mocidade. Para axudarlles a afrontar esta situación de xeito positivo o Insitituto de Mediación Educativa de Ribeira porá en marcha un servizo de apoio emocional.

Xunto con Cecilia Lois, Olegario Sampedro, Manola Muñiz, Lily Rama e Ana Álvarez serán os encargados de orientar ós rapaces mentres dure o periodo de confinamento.

Os mozos interesados en participar nas videoconferencias que comezan esta mesma semana poden poñerse en contacto co IMER a través dos teléfonos 621 334 980 y 621 334 991.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí